Sunday 08 de September de 2024

Ponteceso reforza o equipamento do GES cun xogo de ferramentas de rescate


 A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emerxencias, respondeu á petición do goberno municipal de Ponteceso, que ten a mellora da seguridade da veciñanza como un dos seus principais obxectivos.

O Concello de Ponteceso reforza o equipamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) cun xogo de ferramentas electro-hidráulicas de rescate valorado en mais de 40.000 euros.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato; o concelleiro de emerxencias Juán Ramón Vidal e o coordinador de seguridade e emerxencias do concello Rubén Pérez, desprazáronse hoxe ata Santiago de Compostela para recibir este novo equipamento, que está financiado pola Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia.
As ferramentas axudarán aos efectivos do GES a ser máis eficaces e eficientes nas súas intervencións, permitíndolles actuar en excarceracións en accidentes de tráfico. Unha maior velocidade nas actuacións de rescate de persoas feridas é fundamental para que estas reciban asistencia sanitaria o antes posible.
Deste xeito, a Xunta responde á solicitude realizada polo Concello de Ponteceso, que ten a mellora da seguridade da veciñanza como un dos seus principais obxectivos.
No acto, Mato agradeceu “a amabilidade e a hospitalidade recibida por parte do conselleiro Diego Calvo e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, cada vez que o noso concello ten algunha necesidade, recibir este equipamento reforza a clara aposta deste grupo de goberno nas emerxencias e na seguridade de todos os nosos veciños”.